martes, 28 de enero de 2014

ACTIVIDADE DE VOLUNTARIADO ORNITOLÓXICO PARA 1º ESO

Como sabedes aínda quedan un par de meses de inverno, e parece que a primavera está moi lonxe. Pero algúns dos habitantes dos nosos montes e campo xa se están preparando para comezar a reproducción. Entre eles as aves, e por iso por exemplo o "miñato" (Buteo buteo) xa está coa súa busca de parella, ou facendo a súa parada nupcial. Tamén o "moucho" (Athene noctua) comezou cos rituais de emparellamento. 

Das aves que crían no entorno, algúnhas pasan o inverno moi lonxe, por exemplo en paises africanos máis o sur co Sahara, que pouco a pouco irán chegando da sua longa viaxe, e por eso nalgúns pobos de Galicia como Maceda, xa se poden ver Cigoñas nos seus ceos.

Propóñovos unha actividade de voluntariado ambiental para colaborar coa "Sociedad Española de Ornitoloxía" (SEO), no seu proxecto Aves e Clima. Nesta actividade teredes que realizar unha labor moi sinxela, somentes se precisa de vos que estedes atentos a unha soa especie de ave, a anduriña común (Hirundo rustica), que é unha desas aves que crían na nosa comunidade despois de pasar o inverno en África, e que están a piques de chegar da migración.

En canto vexades os primeiros individuos pola zona onde vivides, debedes completar unha ficha que eu vos proporcionarei. Os datos da ficha incluiranse na base de datos da SEO e deste xeito poderán facer un seguimento a nivel nacional, e durante varios anos, de como cambia a migración desta especie de ave, e se o cambio climático lles está afectando.

Para que poidades coñecer a especie, debedes pinchar na imaxe.


Para que poidades recoñecer mellor a especie obxetivo da actividade, é importante que vexades  unha clave sinxela de identificación de aves. Pinchar na seguinte imaxe:

http://82.98.163.12/klima/identificacion/aves.pdf

Para non confundir a anduriña con outras especies parecidas, podedes ver fotos das mesmas a continuación.

 "Anduriña" (En castelán: golondrina común. Nome científico: Hirundo rustica)




"Anduriña de cu branco" (En castelán: avión común. Nome científico: Delichon urbica)





"Cirrio" (En castelán: vencejo. Nome científico: Apus apus)



Siluetas das tres especies xuntas nunha lámina:


Ademáis para ter información, pinchando nas seguintes enlaces podedes escoitar o reclamo da anduriña.


Para descargar ou imprimir a ficha pincha aquí