miércoles, 18 de noviembre de 2015

PROBLEMAS MATEMÁTICAS

  1. Un faro se enciende cada 12 segundos, otro cada 18 segundos y un tercero cada minuto. A las 6.30 de la tarde los tres coinciden.
    Averigua las veces que volverán a coincidir en los cinco minutos siguientes.

  1. En una bodega hay 3 toneles de vino, cuyas capacidades son: 250 l, 360 l, y 540 l. Su contenido se quiere envasar en cierto número de garrafas iguales. Calcular las capacidades máximas de estas garrafas para que en ellas se pueden envasar el vino contenido en cada uno de los toneles, y el número de garrafas que se necesitan.


  1. El suelo de una habitación, que se quiere embaldosar, tiene 5 m de largo y 3 m de ancho. Calcula el lado de la baldosa y el número de las baldosas, tal que el número de baldosas que se coloque sea mínimo y que no sea necesario cortar ninguna de ellas.

O CICLO DA AUGA


A ORIXE DA AUGA


EXERCICIOS BIOLOXÍA-XEOLOXÍA 1º ESO

1º) Explixa por que o xeo flota sobre a auga líquida. Como inflúe esta característica nos seres vivos que habitan as zonas polares?

2º) Explica por que os océanos regulan a temperatura da Terra.

3º) Razoa se son certas ou falsas as seguintes afirmacións:

  • A salinidade da auga mariña e maior ca dos ríos.
  • A auga líquida superficial doce é a menos abundante en todo o planeta.
  • A auga lle pasa como a maioría de substancias, cando está sólida mergúllase en auga líquida.
  • A auga a unha temperatura de 4ºC é cando ten a súa maior densidade.
  • A temperatura de fusión da auga é de 0ºC, pero a de solidificación é de 1º C 

4º) Que tipo de augas compoñen a hidrosfera?

5º) Cita as propiedades da auga.

6º) Se enches de auga unha botella de plástico e a metes no conxelador, por que cando a sacas está inchada?

viernes, 30 de octubre de 2015

Experimento para a formación dos ventos

Deixo aquí, para os alumnos de 1º da ESO, o experimento que diseñou unhas das compañeiras do curso para poder levalo á práctica: 

PROXECTO PARA A FORMACIÓN DOS VENTOS

MATERIAIS:
  • Unha caixa de zapatos alargada
  • Unha vela alargada tamén
  • Outra vela


PROCEDEMENTO:

Facemos dóus buratos a un lado da caixa, un arriba e outro abaixo, non moi grandes. Despois metemos a vela dentro encendida, e cerramos a caixa. Coa outra vela, o que vamos facer é acercarla a o burato de arriba, onde a chama da vela irá para o lado contrario do burato. Despois acercamos a vela ao burato de abaixo, a chama da vela irá para dentro do burato.

CONCLUSIÓNS:


A chama fai este movemento porque na parte de abaixo o aire está frío e vai para arriba e no burato de arriba vai para afora porque o aire quente, producido pola chama da vela de dentro da caixa, concéntrase na parte superior da caixa e sae polo burato.

jueves, 24 de septiembre de 2015

O MULTIVERSO

Despois de manter un debate intenso sobre os límites do universo  na clase de bioloxía de 1º da ESO, deixo nesta entrada un enlace a unha reportaxe sobre a existencia de universos paralelos.

Para ver a reportaxe, pinchar na imaxe.


lunes, 21 de septiembre de 2015

A LÚA NUNHA CAIXA.

Para entender mellor cales son y como se forman as fases da Lúa, imos realizar unha experiencia con elementos da casa.

Os materiais necesarios son: unha caixa de zapatos, unha lanterna, cartolina negra e unha pelota pequena de poliespán ou unha pelota de ping pong.

Para a realización do experimento podedes ver as seguintes imaxes.





martes, 15 de septiembre de 2015

viernes, 15 de mayo de 2015

PEIXE LUNA REAL

Acábase de publicar o descubrimento de que o peixe luna real e o primeiro peixe capaz de regular a temperatura en todo o seu corpo.

Podedes ler a nova pinchando na seguinte imaxe.


jueves, 14 de mayo de 2015

martes, 28 de abril de 2015

lunes, 27 de abril de 2015

jueves, 23 de abril de 2015

O PARADOXO DE FERMI

Deixo nesta entrada, para aqueles alumnos que lles interese ler algo de ciencia rozando coa ciencia-ficción, a ligazón a un artigo que trata sobre o paradoxo de Fermi.

Ligazón ao artigo aquí.

Enrico Fermi (1901-1954)

jueves, 5 de marzo de 2015

NOVO FOSIL DO "XÉNERO HOMO"

Acábase de publicar o descubrimento dun novo fosil do xénero "homo". Moi interesante sobre todo para os alumnos de 4º da ESO. Para ver as nova pinchar aquí.

martes, 10 de febrero de 2015

MAPA DAS PLACAS TECTÓNICAS

Os alumnos de 2º da ESO xa podedes consultar aquí o mapa das placas tectónicas.

Se pinchades na imaxe podedes visualizala a maior tamaño.


martes, 27 de enero de 2015

PROBLEMAS MESTURAS 2º DA ESO

1. En una bodega se mezclan 6Hl de vino de alta calidad que cuesta a 300€/Hl, con 10 Hl de vino de calidad inferior a 220 €/HL.¿A cómo sale el litro del vino resultante?.


2. Se mezclan 300 Kg. de pintura de 30 € el kilo con 200 Kg de otra pintura más barata. De esta forma, la mezcla sale a 24 € el kilo.¿Cuál es el precio de la pintura barata? 

miércoles, 14 de enero de 2015

MÉTODOS DE SEPARACIÓN DE MESTURAS (1º E.S.O)

Propóñovos un pequeno traballo de investigación:

Debedes buscar o método, ou métodos de separación, dos dous compoñentes de cada unha das mesturas que veredes a continuación. Estes dous compoñentes non se poden perder, temos que gardalos, pero separados un do outro. 

O traballo entregarase redactado a ordenador mediante un editor de textos (Word, Openoffice...). Tedes que explicar cal é proceso de separación para cada mestura, onde poredes tamén que instrumentos son necesarios. Podedes usar imaxes, enlaces a videos, ou outras alternativas que consideredes. Ademais terá que ter unha portada, un índice e unha bibliografía. O número de páxinas non debe esceder de cinco (sen contar índice e bibliografía).

Os traballos enviaranse por correo electrónico a dirección "mparamos3@gmail.com".

As mesturas son as seguintes:

 1) MESTURA DE DOUS LÍQUIDOS INSOLUBLES UN NO OUTRO



2) MESTURA DE AUGA E ALCOHOL:



3) MESTURA DE FERRO (Fe) E ALUMINIO (Al):
 

4) MESTURA DE AUGA E AREA:
 

5) AUGA E GLÓBULOS VERMELLOS: