Propóñovos un pequeno traballo de investigación:
Debedes buscar o método, ou métodos de separación, dos dous compoñentes de cada unha das mesturas que veredes a continuación. Estes dous compoñentes non se poden perder, temos que gardalos, pero separados un do outro.
O traballo entregarase redactado a ordenador mediante un editor de textos (Word, Openoffice...). Tedes que explicar cal é proceso de separación para cada mestura, onde poredes tamén que instrumentos son necesarios. Podedes usar imaxes, enlaces a videos, ou outras alternativas que consideredes. Ademais terá que ter unha portada, un índice e unha bibliografía. O número de páxinas non debe esceder de cinco (sen contar índice e bibliografía).
Os traballos enviaranse por correo electrónico a dirección "mparamos3@gmail.com".
As mesturas son as seguintes:
1) MESTURA DE DOUS LÍQUIDOS INSOLUBLES UN NO OUTRO
2) MESTURA DE AUGA E ALCOHOL:
3) MESTURA DE FERRO (Fe) E ALUMINIO (Al):
4) MESTURA DE AUGA E AREA:
5) AUGA E GLÓBULOS VERMELLOS: