Deixo aquí, para os alumnos de 1º da ESO, o experimento que diseñou unhas das compañeiras do curso para poder levalo á práctica:
PROXECTO PARA A FORMACIÓN DOS VENTOS
MATERIAIS:
- Unha caixa de zapatos alargada
- Unha vela alargada tamén
- Outra vela
PROCEDEMENTO:
Facemos
dóus buratos a un lado da caixa, un arriba e outro abaixo, non moi
grandes. Despois metemos a vela dentro encendida, e cerramos a caixa.
Coa outra vela, o que vamos facer é acercarla a o burato de arriba,
onde a chama da vela irá para o lado contrario do burato. Despois
acercamos a vela ao burato de abaixo, a chama da vela irá para
dentro do burato.
CONCLUSIÓNS:
A
chama fai este movemento porque na parte de abaixo o aire está frío
e vai para arriba e no burato de arriba vai para afora porque o aire
quente, producido pola chama da vela de dentro da caixa, concéntrase
na parte superior da caixa e sae polo burato.