miércoles, 18 de noviembre de 2015
EXERCICIOS BIOLOXÍA-XEOLOXÍA 1º ESO
1º) Explixa por que o xeo flota sobre a auga líquida. Como inflúe esta característica nos seres vivos que habitan as zonas polares?
2º) Explica por que os océanos regulan a temperatura da Terra.
3º) Razoa se son certas ou falsas as seguintes afirmacións:
4º) Que tipo de augas compoñen a hidrosfera?
5º) Cita as propiedades da auga.
6º) Se enches de auga unha botella de plástico e a metes no conxelador, por que cando a sacas está inchada?
2º) Explica por que os océanos regulan a temperatura da Terra.
3º) Razoa se son certas ou falsas as seguintes afirmacións:
- A salinidade da auga mariña e maior ca dos ríos.
- A auga líquida superficial doce é a menos abundante en todo o planeta.
- A auga lle pasa como a maioría de substancias, cando está sólida mergúllase en auga líquida.
- A auga a unha temperatura de 4ºC é cando ten a súa maior densidade.
- A temperatura de fusión da auga é de 0ºC, pero a de solidificación é de 1º C
4º) Que tipo de augas compoñen a hidrosfera?
5º) Cita as propiedades da auga.
6º) Se enches de auga unha botella de plástico e a metes no conxelador, por que cando a sacas está inchada?
viernes, 30 de octubre de 2015
Experimento para a formación dos ventos
Deixo aquí, para os alumnos de 1º da ESO, o experimento que diseñou unhas das compañeiras do curso para poder levalo á práctica:
PROXECTO PARA A FORMACIÓN DOS VENTOS
MATERIAIS:
- Unha caixa de zapatos alargada
- Unha vela alargada tamén
- Outra vela
PROCEDEMENTO:
Facemos
dóus buratos a un lado da caixa, un arriba e outro abaixo, non moi
grandes. Despois metemos a vela dentro encendida, e cerramos a caixa.
Coa outra vela, o que vamos facer é acercarla a o burato de arriba,
onde a chama da vela irá para o lado contrario do burato. Despois
acercamos a vela ao burato de abaixo, a chama da vela irá para
dentro do burato.
CONCLUSIÓNS:
A
chama fai este movemento porque na parte de abaixo o aire está frío
e vai para arriba e no burato de arriba vai para afora porque o aire
quente, producido pola chama da vela de dentro da caixa, concéntrase
na parte superior da caixa e sae polo burato.
jueves, 24 de septiembre de 2015
O MULTIVERSO
Despois de manter un debate intenso sobre os límites do universo na clase de bioloxía de 1º da ESO, deixo nesta entrada un enlace a unha reportaxe sobre a existencia de universos paralelos.
lunes, 21 de septiembre de 2015
A LÚA NUNHA CAIXA.
Para entender mellor cales son y como se forman as fases da Lúa, imos realizar unha experiencia con elementos da casa.
Os materiais necesarios son: unha caixa de zapatos, unha lanterna, cartolina negra e unha pelota pequena de poliespán ou unha pelota de ping pong.
Para a realización do experimento podedes ver as seguintes imaxes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


